Un podcast bota a andar

Un podcast bota a andar
02 de Xullo, 2021 - 05:42 h. | Publicada por Radio Fene

O podcast de adaptación da novela de Antonio Tizón "Os incurabeis" (Xerais 2020) botará a andar a vindeira semana en Fene. Son arredor de trinta personaxes que participarán nesta iniciativa cultural. Mäis da metade están xa cubertas, pero ainda se convoca un casting para voces masculinas que se celebrará o martes 6 de xullo ás 16,30 da tarde nos locais do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. 

Antonio Tizón en Radio Fene

Os incurabeis é unha novela negra protagonizada polo inspector Sánchez Pereiro. A acción discurre na cidade da Coruña pero tamén hai episodios no Concello de Cabanas. Todo empeza cun asesinato no barrio coruñés dos Castros en 2001.

Son Radiofusión (Asociación de Amizade coa radio local) impulsa o proxecto de podcast ou radionovela que estará dirixido por Eugenia Sanmartín. Trátase de 88 capítulos que se gravarán nos meses de xullo e agosto. Conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. 

As persoas interesadas en participar poden dirixirse ao Círculo de Fene o dia e a hora sinalados ou solicitar máis información telefónica aos números 628996442 (Eugenia) ou ao 609 828743 (Henrique). A participación nesta iniciativa será voluntaria, desinteresada e non retribuida.

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora