ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un dos grupos revelación deste ano no FIB festival de Benicasim, foi Anni B. Sweet", a cantautora pop-folk malagueña Ana López. Preséntanos mañá xoves o seu primeiro traballo “Start, Restart, Undo" (“Iniciar, reiniciar, desfacer"). Un verdadeiro luxo nas Novas Noites do Torrente Ballester en Ferrol (A Coruña).
O pop indie de Anni B. Sweet escoitarase mañá xoves no Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo Novas Noites.
Anni B. Sweet xa leva unha tempada dando guerra polos escenarios e amosando a súa mellor carta de presentación: o seu directo. Dende abril conta co seu primeiro disco no mercado: Start, Restart, Undo, da man da discográfica Subterfuge.
Baixo a producción de Brian Hunt, a malagueña Ana López presentará no Torrente o seu primeiro single: Motorway.
A cita con Anni B.Sweet mañá xoves no Torrente Ballester ás dez da noite. O custe da entrada ascende a 5 euros.