Un Programa pola Terra para as eleccións municipais

Un Programa pola Terra para as eleccións municipais

11 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Recoñecer que o modelo económico e social é inxusto e insostible; aceptar un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas; e fomentar con feitos a participación e a transparencia. Eses son os tres requisitos básicos que as principais organizacións ecoloxistas galegas lle formulan a todas as candidaturas que comparecerán nos comicios locais do día 22 de maio. Cómpre unha reflexión "dos efectos que sobre o glo

O manifesto ecoloxista diríxese aos futuros gobernos municipais tanto pola súa "proximidade coa cidadanía", como polo seu "alto grao de implicación na xestións medioambiental a nivel local". As organizacións en defensa do medio ambiente formula nese programa pola terra dez propostas que cualifican a un tempo de "concretas, factibles e realistas". O decálogo consta das seguintes recomendacións para unha política municipal sostible: integrar enerxia, mobilidade e contaminación; protexer os espazos naturais a flora e a fauna; implantar unha nova cultura da auga; impulsar a contratación pública verde; facer unha reforma verde do sistema fiscal; ordenar o territorio de maneira sustentable; reducir os Residuos Solidos Urbáns; apoiar o sector primario e a soberanía alimentaria; fomentar a cooperación ao desenvolvemento; e afondar na participación cidadá e ambiental. Entre todos estes puntos, Antón Lois salientou a necesidade de asociar o gasto público a criterios de sustentabilidade.

Sociedade