Un pulmón verde de 14 mil metros cadrados no corazón da cidade de Ferrol

Un pulmón verde de 14 mil metros cadrados no corazón da cidade de Ferrol

07 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tras o período de exposición pública das obras de Sánchez Aguilera, Esquerda Unida presentou unha alegación que a concellería de Urbanismo tivo en conta na súa redacción final. Deste consenso entre o departamento de Ángel Mato e o grupo encabezado por Yolanda Díaz acadouse o proxecto máis importante e fundamental para a cidade de Ferrol. Este traballo conxunto deu como resultado a mellora urbanística dun espazo que se conver

Coas aportacións de EU elíminase o proxecto de construcción dun gran edificio de baixo e dez andares e resdistribuirase esa edificabilidade ao longo de toda a parcela. Tamén se garante a utilidade da coñecida como “Casa do Coronel”. Froito desta cooperación acádase unha mellor ordenación do maior espazo expedito de Ferrol xunto coa Praza de España, segundo o concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato. Ademais sinalou que se converterá nun gran parque urbano en pleno corazón da cidade, un xardín público de lecer e esparcemento.

Por outra banda, a voceira de EU, Yolanda Díaz, indicou que, se trata dunha parcela que xera esperanza e ilusión. Neste espazo só se construirán vivendas dun máximo de sete plantas máis baixo, que non superen os 23 metros de altura. O vindeiro paso para levar adiante o proxecto de Sánchez Aguilera será o seu visto bo no pleno a finais de mes.

Sociedade