Un punto de candidez

Un punto de candidez

23 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

O Barallobre amosou esta tarde un punto de candidez que lle permitiu ao Somozas B arrincar un empate no campo do Ramo. 14 novas incorporación tivo que conxuntar o adestrador Juan Enrique Anca.

O forte vento que soprou esta tarde no campo do Ramo marcou o partido da Segunda Autonómica de fútbol entre o Barallobre e o Somozas B. Na primeira parte apenas houbo ocasións, nun choque moi igualado. Antes do descanso o filial do Somozas quedou con 10 xogadores, tras ver un cartón bermello directo. Despois do descanso, o Somozas B adiantouse no marcador e soubo aproveitar o vento a favor para artellar unha sólida defensa. Quedando cinco minutos para o final, Iván nunha falta directa, logrou o tanto que permitiu que conservar ao Barallobre 1 punto.

Deportes