Un río de peregrinos

Un río de peregrinos
09 de Setembro, 2026 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 2.300 persoas pasaron en dous meses pola Oficina de Turismo de Fene. A gran maioría peregrinos. Balance turístico en Radio Fene da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira. 

ESCOITA O PODCAST:

O turismo en Fene está moi marcado polo Camiño Inglés, destacou a concelleira Ángeles Coira. Obsérvase un incremento no número de visitantes, non so de Galicia ou o resto de España xa que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo, que continúa aberta ata final de setembro, persoas procedentes de 39 nacionalidades diferentes. Entre os estranxeiros destaca claramente a presenza de peregrinos de Italia, seguida dos Estados Unidos e Portugal. O reto agora é lograr que máis visitantes pernoiten aquí.

Ángeles Coira considera satisfactorio o balance do verán desde o punto de vista turístico e tamén pola gran oferta de actividades que o Concello e as sociedades programaron para a veciñanza. Desa programación destacou a celebración da festa do patrón e o Festival Intercéltico Fene Interculturas. 

Institucional

Publica o teu comentario agora