ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Cultural Maniños contratou a un preparador físico para intensificar os adestramentos de cara a Preferente Futgal. O sorteo do calendario realízase mañá mércores coincidindo coa asemblea da Federación Galega de Fútbol. A Liga comezará o sete de setembro. O técnico Adrián Martínez dirixirá a “nave” branca nun fito histórico para o clube de Maniños. Jaime Urbano e Brais Santalla reforzarán ao equipo, pero ainda se precisan outros dous novos xogadores.

O Lalín, Sofán, San Tirso, Negreira e Pol son os equipos máis potentes a priori. Os adestramentos empezan mañá mércores e iniciarán a pretempada en Meirás. O Maniños tamén disputará o Trofeo Concello de Fene o sábado 9 de agosto no campo do Ramo de Barallobre. Perlío, Maniños e Barallobre enfrontaranse nunha cita triangular que xa está sinalada cun punto bermello no calendario. O sábado 16 de agosto no campo do Pote, Maniños - Imperator, un partido de homenaxe ao presidente do club coruñés recentemente fallecido Juan Vilamisar
Equipo feminino
.Xurxo Rodriguez encargarase de preparar o equipo feminino contando como auxiliar con Lucia Seoane. “Temos fechados xa 12 equipos e 250 licenzas nas categorias de base pero ainda hai marxe para algún equipo máis en fútbol oito” indica o directivo do Maniños Alfredo Fernández.
Imaxe: Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora