ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
22 restaurantes participan nas I Xornadas do Lacón con Grelos do Eume que se desenvolven ao longo deste mes de febreiro. Unha iniciativa organizada por Agroalimentaria do Eume, EumeTurismo e o xornal Pegadas, publicación que edita a Asociación EuroEume.
Grazas a esta iniciativa, durante todo o mes de febreiro, en calquera destes locais hostaleiros poderase degustar o xantar típico do Antroido galego, o lacón con grelos. Nun ano marcado pola escaseza desta hortaliza debido ás condicións meteorolóxicas, Agroalimentaria do Eume ofrece a posibilidade de mercar grelos da zona a través da súa páxina web www.agroalimentariadoeume.org.
Asemade teñen preparado lotes deste produto con destino aos emigrantes para que poidan saborear os grelos nestas datas. Aredor de 20 euros custa a ración aínda que varía segundo o establecemento. Somentes no restaurante Andarubel situado na estrada que une Ombre con Caaveiro, a carón do Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural das Fragas do Eume, e en Casa Teresa de As Pontes hai que chamar con antelación.
O éxito que está a ter a iniciativa augura, segundo o técnico de Euroeume, Ángel Lorenzo, a continuidade destas xornadas promocionando outros produtos.