Un só helicóptero da Xunta contra o lume en todo o monte galego

Un só helicóptero da Xunta contra o lume en todo o monte galego

11 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

A Consellaría do Medio Rural e do Mar conta arestora cun só helicóptero para traballar na loita contra os incendios forestais en toda a xeografía galega, o que obriga ás brigadas helitransportadas das bases inoperativas da Xunta de Galicia a desprazárense en vehículos para apoiar os traballos de extinción en lumes fóra da súa provincia. Aconteceu as&iacut

Os traballadores denuncian que a política de contratación que utiliza o Goberno autonómico para contratar os medios aéreos de loita contra incendios non é a axeitada, “posto que tivo operativas bases aéreas durante meses de choiva e agora no mes de xuño, cando son realmente necesarias, estas permanecen pechadas”. Pídenlle á Consellería que corrixa esta situación de maneira urxente.

Para os sindicatos, a acción da Xunta corrobora a “improvisación en materia de incendios forestais tendo en conta as actuais condicións metereolóxicas de vento desecante do Nordés e altas temperaturas”. Acusan ao Executivo galego de “mala xestión” no que respecta á “organización dos medios propios cos que conta para apagar os lumes”.

Sociedade