Un socorrista morre de infarto na praia de Ortigueira

Un socorrista morre de infarto na praia de Ortigueira

11 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene
Un empregado de salvamento na praia de Morouzos (Ortigueira) perdeu a vida esta tarde. J. P. P., de 23 anos, sufriu sobre as 16 horas un ataque ao corazón mentres realizaba unha cura por un esguince na vila onde estes dias se celebra un concurrido festival de música folc.
O mozo, empregado polo concello na campaña de verán, padecía problemas de corazón e de feito tiña implantado un marcapasos. Por esta condición, J. P. P., natural de Ortigueira, non realizaba labores de risco no seu traballo, polo que estaba na caseta de vixilancia só para realizar primeiros auxilios.

A nova extendeuse rapidamente polo festival do mundo celta, e causou a lóxica conmoción na vila ortegana.

Sociedade