Un templo da arte e da cultura

Un templo da arte e da cultura
05 de Setembro, 2022 - 08:14 h. | Publicada por Radio Fene

O proxecto de Laudas Calamity continua medrando. Ao Laboratorio de Creación artística aberto na avenida das Pías,15 en Fene agora se suma o Centro de Creación, da rúa Cruceiro, 5 de Perlío. Unha decoración profesional realizada pola empresa @globecientos decora o exterior do local onde Laura Bouza proxecta organizar cursos de gravado, serigrafía e outras actividades que anunciará proximamente.

Novo centro de Laudas Calamity

As Pías quedará para os chiquiartistas e ao Cruceiro irán as persoas maiores de 12 anos que queiran iniciarse nalgunha especialidade artística. Laudas Calamity fomenta a imaxinación e a creatividade, un lugar no que se promoven as ideas e o pensamento crítico en actividades de artes plásticas e audiovisuais. A educación artística, o deseño e o audiovisual contan cun novo espazo inaugurado o pasado venres.

Cultura

Publica o teu comentario agora