ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Laura Lio, artista nada en Buenos Aires e residente en Madrid dende 1990, presenta as súas obras a toda cidadanía que desexe pasarse polo Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a coñecela. A exposición está comisariada por Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Souto. Falamos dunha obra na que existe unha comuñón entre o compromiso social e o traballo “a lume lento”. Todo o que ela crea ten unha traballo de investigación e observación da natureza en busca do orde interno da mesma ou o sentido das obras arquitectónicas dos propios animais (por exemplo, os niños dos paxaros).

Este proceso de observación do mundo que nos rodea xa indica o lento proceso que Laura Lio ten que pasar para acadar o produto final, un produto persoal e sutil, “tecido” con sumo coidado. É moi complicado definir a obra de Laura sen ser inxusto con todo o que a mesma abarca, así que non podemos facer máis que invitar a coñecela persoalmente.
Publica o teu comentario agora