Un turismo medianamente sostible

Un turismo medianamente sostible
16 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Dalgunha forma tense que atopar unha maneira de facer un turismo medianamente sostible, non só para as comunidades locais, senón tamén para o propio turista" indica a profesora de Xeografía Política da Universidade Complutense de Madrid María Lois. As taxas turísticas, fomentar medios de transporte menos lesivos para cuestións ambientais, poden ser algunhas vías de exploración. A xente xa non viaxa só por viaxar, senón tamén para vivir experiencias que sexan satisfactorías e gratificantes. Hai que aspirar a ser algo máis que unha factoria de turismo e poñer freo a determinadas formas de apropiarse da cidade. A peregrinaxe no Camiño de Santiago é un factor de dinamismo económico pero ten que conciliarse coas comunidades locais, conclúe.

ESCOITA O PODCAST:
María Lois en Radio Fene

Fronteira na campaña electoral en USA
Os conceptos de fronteira e de inmigración ocupan un lugar relevante na campaña das eleccións nos Estados Unidos, os comicios nos que compiten Donald Trump e Kamala Harris. Cada un ten unha forma diferente de ver o concepto de fronteira, un tema polémico e electoral en calquera contexto. Son temas con moitas arestas. Pero Estados Unidos é un pais feito fundamentalmente de inmigración. A profesora María Lois estuda na actualidade os conceptos de fronteiras na Unión Europea e no Merco sur. Despois da Covid, hai colaboración ou separación, pregúntase desde a Universidade Complutense.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora