ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un valioso punto logrou o Maniños diante dun dos equipos fortes da Primeira Galicia de fútbol, o Betanzos. No minuto cincuenta e un gañaban os visitantes 0-2. Pero dous goles de Carlos Gómez no 67 e no tempo de desconto lograron que un punto quedara no Pote. Os da cidade dos cabaleiros non souberon matar o partido cando ían con dous tantos de vantaxe e os cambios realizados polo equipo de Pablo Mesa permitiron tomar a iniciativa e crer nas propias posibilidades.
“Estamos nunha liga moi igualada pero o Betanzos, xunto co Victoria, Mugardos e Carral vai pelexar polo ascenso de categoría” afirma o directivo do Maniños Alfredo Fernández.
Publica o teu comentario agora