Un verán para pasalo ben

Un verán para pasalo ben
05 de Xullo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha pegada positiva” aspira a deixar nos nenos e nenas Carla Iglesias, xerente de La Guagua que desenvolverá no mes de agosto un campamento lúdico-deportivo por encargo do Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Trinta nenos e nenas de Fene, con idades comprendidas entre 3 e 12 anos, terán a oportunidade de vivir moitas experiencias felices no campamento lúdico-deportivo que organiza a Concellería de Deportes de Fene. Terá lugar nas instalacións do CMI Unidade de Fene. Piscina, actividades deportivas e creativas para a poboación infantil nunha iniciativa que tivo gran acollida, con servizo de madrugadores para que as familias poidan conciliar.

Sociedade

Publica o teu comentario agora