ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O meu avó chamáballe á branca lexítima o viño das cociñeiras, porque sempre había que facer un bocoi para ter nas cociñas pola súa alta calidade” apunta Manuel Cancio de Adegas Panchín (Negueira. Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia). “Na miña casa faise viño desde 1729 pero agora as potencialidades desta uva son esaxeradas con gran potencial aromático e un toque moscatelizado”.
Temos un territorio, unha cultura e unha sociedade. A uva branca lexítima forma parte da nosa tradición vitivinícola, rebelde como o comandante Moreno, volve nas cepas igual que a historia recupera a verdade dos sucesos do Acevo na Fonsagrada. Teremos que brindar porque en Betanzos, Negueira, Boiro ou en calquera outra parte da nosa terra, aqueza perpetuamente as nosas almas o viño solar e deixar atrás a copla popular que dicía:
As castañas ben se comen,
O viño vaise bebendo;
O cariño vai entrando:
A honra vaise perdendo
En palabras do historiador Xavier Castro, “os brancos actuais, que atravesan por unha idade de ouro están chamados a converterse hoxe en día nunha gran fonte de riqueza: nun verdadeiro tesouro para Galiza”.
Publica o teu comentario agora