Un verquido mata un cento de anguías en Arcade

Un verquido mata un cento de anguías en Arcade

23 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A asociación de naseiros responsabiliza do verquido ao mal funcionamento da depuradora. O suceso teríase producido na xornada de venres ou sábado cando as intensas precipitacións obrigaron a abrir os aliviadeiros da depuradora o que provocou un vertido de augas fecais.As anguías, que logo da súa captura permanecen almacenadas nas piscinas da confraría ata a súa comercialización, abastécense directamente da auga da zona portuaria ,

O presidente dos naseiros. Ricardo Seoane denuncia este feito e reclama unha solución a un problema que veñen padecendo dende hai anos e que segundo explica pasaría pola separación das augas pluviais e fecais que evitaría a saturación da depuradora nos días de fortes chuvias. Non foi ésta ademais a única perda dos naseiro xa que tamén durante a pasada fin de semana roubaron outros 60 kilos de anguías.

Sociedade