ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A debuxante, Maria Xosé Mosquera, Sex, ven de acadar un premio en Italia, no Festival Internazionale de Humor Gráfico do Lazio en Roma . O lema era “Un vino divino” e a debuxante ferrolana alzouse co terceiro premio.
Un Moisés coas tablas da lei amosanos as nove cousas que nos son terminantemente prohibidas, entre elas, os doces, o sal, o azucre, as graxas, etc So unha se salva, o viño. Porque, como explica a autora “ sempre nos dín que unha copiña de viño é boa para a saúde"
Mª Xosé Mosquera non para de recibir premios aló onde envia un debuxo. Os últimos dous anos foron especialmente prolíficos, co premio da "2nd International Exhibition Car Caricature 2008 " en Zagreb - Croacia e, co que ela máis orgullosa se sinte, o premio Notaria do Humor , que ata ese momento se outorgaba a xente máis consagrada, con moitos anos de profesión enriba. Ela recibíuno tras 20 anos de traballo.
Esta muller rubia e de ollos azuis é tanto ou máis doce do que aparenta cando se ten perto. De nena debuxaba todo o que se lle poñía por diante e agora segue atendendo a varios frentes. Mestra de educación primaria, saca tempo para o seus debuxos semanais no Diario de Ferrol; para presentarse a certames e, dende hai dous anos, para entregarse á colección de cómics sobre a Historia da Arte xunto ao escritor Martínez de Antoñana, dos que están publicados “Los Pintapiedras” e “Los Babilonios” . Neste momento debuxou 6 páxinas de “Los Mayas” pero o proxecto está temporalmente parado por causas alleas á debuxante.