A UNED de Lugo trasládase ao Hotel Miño da cidade

A UNED de Lugo trasládase ao Hotel Miño da cidade

17 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O edificio principal do Hotel Miño de Lugo será durante os vindeiros 30 anos a sede da UNED na cidade da Muralla. Así o establece o convenio de colaboración subscrito pola Deputación Provincial, o Concello e a Universidade de Educación a Distancia e polo cal as tres entidades investirán 1,3 millóns de euros en axeitar as instalacións para que poidan ser usadas dende o vindeiro curso.

A institución provincial aforrará de agora en diante os máis de 100.000 euros de aluguer que lle custaba até agora o espazo que lle daba abeiro á academia. As novas instalacións contan con preto de 2.000 metros cadrados útiles que se distribúen en catro andares, nos que se situarán unha biblioteca de acceso libre, 16 aulas, ademais dun salón de actos, varios laboratoiros, sala de reunións e de dirección, e unha área de informática. O reitor da UNED, Juan Antonio Gimeno, celebrou que con esta mudanza a universidade, malia levar pouco tempo en Lugo, chega á maioría de idade.

Sociedade