ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ferrol convertirase este ano en sede dun dos cursos de verán da Universidade da Coruña. O curso “Patrimonio cultural e construcción do coñecemento: unha aproximación multidisciplinar” celebraráse na Aula da UNED entre o 6 e 10 de xullo baixo a dirección do profesor Francisco Javier Muñoz.
A edil de Cultura, Mercedes Carbajales, destacou a idoneidade de programar un curso destas características en Ferrol, tanto pola extraordinaria riqueza patrimonial da cidade como polo momento actual, no que a urbe naval aspira á declaración de Patrimonio da Humanidade. Vai dirixido aos estudantes universitarios, profesionais e cidadáns en xeral que desexen aproximarse aos diferentes tipos de bens culturais e técnicas específicas do estudo. O prazo de inscripción está xa aberto e pode formalizarse na propia sede do curso (Aula da UNED de Ferrol, na rúa María 52-54; tlf: 981.36.40.26).
Os ponentes serán tanto docentes universitarios como profesionais especialistas en Patrimonio. En moitos casos, cunha estreita vinculación á cidade. No nome da UNED, Susana Blanco agradeceu especialmente a relación de colaboración entre o Concello e a institución que dirixe e asegurou que se decidiron a celebrar o curso en Ferrol por dous motivos fundamentalmente, polo incremento da matriculación na UNED neste curso respecto ao anterior, cun aumento do 30% e un total de 595 estudantes. En segundo, lugar, polo magnífico patrimonio de Ferrol e a posibilidade de dalo a coñecer. O curso oferta prazas.
Susana Blanco anunciou que a fluída colaboración entre ambas institucións permitirá que a UNED abra o próximo curso a súa Biblioteca en Ferrol. Unhas instalacións que darán servizo tanto aos propios alumnos e alumnas como á cidadanía en xeral.