ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha acción puntual decidiu o derby local da Primeira Futgal, a antiga Primeira Galicia de fútbol. Perlío 1 - Maniños 0. Un gol de Óscar Calvo no minuto 43 fixo que os tres puntos quedaran nos Pinares.
“Na segunda metade defendemos moi ordenados, en bloque e teño que revisar o vídeo porque os meus xogadores reclamaron dous penaltis” indica o segundo adestrador do Perlío Rubén Varela quen conclúe: “As novas incorporacións cumpriron á perfección o seu cometido, xogaron Iván, Óscar, Jandro e Aike e saímos do partido con moita ilusión”.
“Fomos tímidos á hora de saír adiante e o traballo defensivo do Perlío foi moi bo” salienta o adestrador do Maniños Adrián Martínez. “Intentámolo ata o final pero eles atrasaron as súas liñas e a nosa circulación de balón foi lenta” indica o técnico do equipo branco.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora