ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Xunta de Galicia acordou hoxe manter o apoio financeiro ao sector naval de Ferrol. No Consello da Xunta, celebrado esta mañá popr primeira vez na cidade departamental, o presidente do goberno galego, destacou a importancia estratéxica deste sector e anunciou o acordo de dúas medidas.
A primeira decisón anunciada esta mañá por Núñez Feijóo respecto ao naval foi a creación dunha marca de calidade. Esta incluirá un selo e unha acreditación naval co que os traballadores obterán unha habilitación que recoñece a súa capacidade neste eido.
En materia de financiamento tamén se acordou a creación dun fondo de garantía para financiar as industrias auxiliares. Ademais, Feijóo subliñou que antes do verán presentarase unha proposta estratéxica para reactivar Navantia con proxectos industriais.
Entre os asuntos que atinxen a Ferrol, tratados no Consello da Xunta deste xoves, destaca tamén o acordo de ampliaciónn do Plan ferrol ata o 2013, descriminando así positivamente á comarca de Ferrolterra, sinalou o presidente da Xunta.