ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O descenso das explotacións agrícolas familiares vai contra as recomendacións dos nutricionistas, advirte o historiador David Soto. Camiñamos cara unha agricultura sen agricultores. Para Soto, nun artigo publicado en Nós diario o sábado 22 de marzo de 2025, iso vai en contra do maior peso do vexetal, tal e como esixe a transición ecolóxica.
A FAO (Food and Agriculture Organization) defende o dereito a unha alimentación adecuada. Para iso debemos priorizar os mercados de proximidade, a diversidade nutritiva, pensar nos pequenos produtores e que os alimentos sexan tamén apropiados culturalmente. É necesario repensar os sistemas alimentarios para conseguir unha nutrición máis xusta, máis intuitiva e máis san. Feiras, mercados e prazas de abastos, xogan un papel social, cultural e emocional. A mocidade tamén debe ter o produto de proximidade como referente, afirma o xefe do equipo de Dereito á alimentación da FAO Juan Echanove. A FAO é o departamento da ONU adicado á agricultura e á nutrición. A comida, a casa e o ensino non deberían ser mercadorías, sinala o arquitecto César Portela.
Imaxe: Andaina Por + vida. Fene 2023.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora