Unha alegoría da transición

Unha alegoría da transición
09 de Maio, 2019 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha lectura plausible é que Extraordinario sexa unha alegoría da transición, da loita pola liberdade” afirma Antón Lopo sobre a súa última novela publicada por Editorial Galaxia. O escritor tamén indica que “a diversidade é o principal nemigo da extrema dereita” ao tempo que reivindica o uso da lingua galega: “o único lugar trascendental que podemos habitar é o idioma”.

ESCOITA O PODCAST:
Antón Lopo en Radio Fene Radiofusión

“Moncha arelaba vivir na cidade e embelecábana os escaparates, as rúas anchas, os cines, as salas de festa… Non paraba de preguntarme e eu, que non me fixaba nas salas de festa, reinventaba para ela unha cidade máis próxima ao Londres dos Invencibles de Némesis que á realidade. Unha noite, sen saber como, enleamonos coa restra dos costumes das rapazas na cidade e acabamos xuntos na miña cama, apalpandonos”

E un fragmento da novela  de Antón Lopo “Extraordinario”. Falamos dela no club de lectura de Radio Fene Radiofusión con Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira.

Unha novela sobre as relacións familiares e o amor, a liberdade e o pracer. Extraordinario, premio narrativa breve Repsol 2018 e premio da narrativa en galego da Asociación Española de Críticos Literarios 2019.

Cultura

Publica o teu comentario agora