Unha andaina dominical pola protección da Serra do Galiñeiro

Unha andaina dominical pola protección da Serra do Galiñeiro

16 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Nin a chuvia nin o vento impediron, aló polo mes de febreiro, que un grupo de persoas se botasen a camiñar pola Serra do Galiñeiro para manifestar o seu rexeitamento á instalación dun parque eólico nese espazo natural no que conflúen os concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui. Esta fin de semana o movemento social Pola Protección da Serra do Galiñeiro volve convocarnos a unha “II Andaina pola protección da Serra do

Haberá na área recreativa, onde remata a camiñada, un bar e unha pulpeira para as persoas que prefiran comprar a comida en vez de levala da casa. Malia iso recoméndase levar os víveres propios porque a gran concorrencia de xente que se espera pode dificultar que ambos os dous postos dean abasto para todos. Durante o xantar gaiteiros animarán o ambiente xunto coa charanga “A Vaca Pinta”, ademais do coro de música tradicional de Vincios “Os cantares do Brión”.

Da organización técnica da Andaina encárgase Montañeiros Celtas, que conta coa colaboración do Club de Montaña Peña Trevinca, e naturalmente, co resto das organizacións que compoñen a Plataforma.

Sairán autobuses para o Parque Natural do Monte Aloia ás 9.30 horas, da Praza de España en Vigo e regresarán ás 6 da tarde. Tamén ás 9.30 horas se poderán coller autobuses en Vincios (Gondomar) nos arredores do campo de fútbol, sito no polígono industrial da Pasaxe, onde hai sitio bastante para deixar os coches particulares.

Non obstante están habilitadas zonas de aparcamento en Prado (Morgadáns, Gondomar) á beira da capela de S. Xosé, e tamén no lugar de remate da andaina. Aínda así, prégase que a este último lugar, o Galiñeiro de Vincios, suban o menor número posible de coches, para non molestar nos actos finais da festa e para ser consecuentes coa protección do monte.

Sociedade