Unha auténtica cárcere

Unha auténtica cárcere
04 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Volvo ao Gran Sol, a pecharme nese camarote”, afirma Xosé Iglesias, autor do poemario Atlántico Norte, chamádeme Ismael sobre o que falamos hoxe no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

“Este é un poemario de baleas. É un poemario onde imos dar caza a seres mariños que, precisamente, non son baleas. Eu son o aprendiz, neste caso, o patrón de costa. Neste barco onde está escrito este poemario volvíame tolo pensando en terra, en cando acabara a marea e puidera xuntar os cartos para mercar o meu barquiño para saír deste mundo que é unha auténtica cárcere. Eu o pasaba realmente mal e a maneira de cubrir ese espazo, esa intimidade e achegarme á miña parella era escribindo”, asegura o escritor de Atlántico Norte, chamádeme Ismael. Xosé Iglesias falará este xoves a partires das once e media da mañá do seu último libro publicado pola editorial Caldeirón no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora