ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A aparición da copa menstrual supuxo unha revolución na hixiene íntima da muller. Trátase dun recipiente que se introduce na vaxina para recoller o fluxo menstrual. Están feitas de silicona platino, o mesmo material utilizado nos quirófanos dos hospitais. Está libre de tóxicos e alerxias. É moi cómoda e ben colocada e como se non levaras nada. Non hai perdas e pode levarse durante doce horas seguidas. O custo anda entre os 20 e os 28 euros. E unha solución económica e ecolóxica, dado que non xera residuos.
Unha copa menstrual ten unha vida útil de 10 anos, o que equivale a 1.800 tampóns. Se temos en conta que unha muller ten a regra durante uns 40 anos necesitaría 4 copas ou 7.200 tampóns ou compresas.Os produtos para o coidado da menstruación evolucionaron moito ao longo dos anos para facer máis fácil a vida das mulleres. Con todo, os produtos máis utilizados, como son os tampóns e as compresas, levan unha serie de desvantaxes, non só para a saúde íntima, senón tamén para o coidado da contorna, segundo explica Margarita Rodríguez, de 4Eco Narón.
Publica o teu comentario agora