ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Perlío B 0 - 2 Unión Campestre. Os goles no partido de fútbol da Terceira Futgal chegaron nos minutos 48 e 82. “Temos que rescatar bastantes cousas positivas pese ao resultado final. Os rapaces crearon tres ou catro ocasións claras de gol, pero a ansiedade ten que transformarse en efectividade” afirma o adestrador do equipo dos Pinares Gonzalo Beceiro.
Desde o primeiro minuto o xogo puido ser moi favorable para o Perlío, que creou ocasións de gol aínda que non as deu finalizado. O equipo non perde de vista o seu obxectivo fundamental: a formación como xogadores e como persoas, igual que o protagonista de Birdman, que cura un paxariño que caía mancado, para converterse co tempo nun criador de canarios e nunha autoridade en ornitoloxía.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora