ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Juan Carlos I é o barco de maior porte da historia da Armada española, con preto de 231 metros de eslora e un puntal de 27,5. Na súa silueta destaca a cuberta para o despegue de avións, con doce graos de inclinación, similar á do portaavións "Príncipe de Asturias". As capacidades do LHD, con todo, son maiores. O buque está deseñado para levar ata 30 aeronaves, desembarcar lanchas polo seu dique inundable e transportar grande cantidade de tropas e vehículos. Ademais, conta cun completo hospital, con dous quirófanos, que o fan útil en misións humanitarias.
Ao redor de 360 millóns de euros investiu a Armada Española na construcción do LHD. O buque comezou a construirse nos asteleiros da ría de Ferrol en maio de 2007. A botadura celebrouse o 10 de marzo de 2008 e naquel momento xa se apuntaba que faría falla outro ano para a súa entrega. De cumprírense as previsións actuais, en outubro ou novembro faríanse as probas de mar definitivas do Juan Carlos I, con responsables da Armada a bordo e antes de entregalo á mariña española antes de final de ano.