Unha axenda empoderada

Unha axenda empoderada
21 de Decembro, 2020 - 02:16 h. | Publicada por Radio Fene

As axendas “Animosa” non son axendas ao uso. Que teñen de especiais?. Na primeira páxina dannos unha pista: “ 2021 xa está aquí. Estabamos desexando que chegara! Porque será un ano cheo de sororidade, de empoderamento, de cultura, de amor.” A consecución da igualdade e as mulleres protaginizan as súas páxinas.

ESCOITA O PODCAST:

As axendas Animosa dedican cada mes do ano a un deses valores que definen a loita pola igualdade. Xaneiro á Educación, febreiro ao amor, marzo ao empoderamento…novembro ao activismo. Mesmo a abres, lémbraste de Briget Jones, coas cousas que queremos deixar atrás, lugares que nos gustaría visitar, persoas ás que quero ver máis…Ata inclúe o calendario menstrual. E citas interesantes en Galicia, como a feira de Arzúa ou  a Festa do Marisco no Grove. A axenda reproduce frases de mulleres famosas salpicadas aquí e aló. Hai unha de Rosa Parks: “Só quero ser lembrada como unha persoa que quería ser libre” e outra de Concepción Arenal;” Abride escolas e pecharanse cárceres”.

Son axendas con formato de block, manexables e quizás máis útiles. Animosa ten ampla oferta doutros produtos de papelería e camisolas especiais. Á venda están en dúas tendas de Fene; o Baúl de Bego e a  imprenta San Estéban.
Os produtos de Animosa son unha maneira orixinal de felicitar o Nadal e de desexar ás amigas, empregadas, un bo Aninovo 2021. Foron as axendas elixidas polo concello de Fene para agasallar este ano aos traballadores e traballadoras municipais.

(Na imaxe, a portada escollida polo concello fenés)

Cultura

Publica o teu comentario agora