Unha banda de rock

Unha banda de rock
30 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Acaba de saír un xogo de especial interese para os afeccionados ao rock duro. Hard Rock. Da editorial española Devir. Compaxina paixón pola música e estratexia. Presentouno en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

ESCOITA O PODCAST:

“Levar unha banda de música”. En iso consiste Hard Rock. Os xogadores deben “xestionar unha banda de rock, tomando as decisións clave para triunfar no mundo da música, escoller contratacións, xiras, postas en escena”. Falando de xogos. Unhas duascentas corenta persoas, moitas procedentes de lugares tan lonxanos como Canarias ou Andalucía, déronse cita a pasada fin de semana no I Artabrian Weekend de Ferrol. Tendas de Coruña e Santiago compartiron espazo alí con Cáprica que tamén celebrou a boa posición lograda nos campionatos por dalgúns dos seus xogadores.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora