ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Por terceiro ano consecutivo, a Asociación Xan de Arzúa colabora na organización do Entroido alaricano coa organización da Cachuchada. O luns 7 de marzo, a partir das 21:30h o Campo da Barreira acollerá este evento no que, por 10€, os participantes poderán degustar un cocido típico galego. Cachucha, lacón, touciño, chourizo, pan e viño, bica e licor compoñen o menú adicado ó Entroido.
Este ano, como novidade, a Asociación Xan de Arzúa quere premiar á asistencia co sorte dun lote de produtos de Entroido por cortesía de varios establecementos da vila.
Para asistir a este evento é preciso mercar os bonos antes do 5 de marzo, dispoñibles en varios establecementos hostaleiros da vila: Café Roi Xordo, Taberna Os Pacos, Micalla, Bar Novo, Miudiño e A Cova.