Unha botella de viño como agasallo por comprar libros

Unha botella de viño como agasallo por comprar libros

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha boa lectura acompañada dun bó vaso de viño. Esa é a proposta que nos formulan desde a Central Librera da Rúa Dolores de Ferrol para conmemorar este xoves 23 de abril, o Dia do Libro.

O 23 de abril, celébrase o Dia Internacional do Libro, para conmemorar que nesa data morreron os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de La Vega. Con ese motivo a Central Librera ferrolana agasallará cunha botella de viño galego das adegas Rosalía de Castro a todas as persoas que adquiran unha compra mínima de 25 euros.  A Central Librera salienta ademáis que durante a celebración da Feira do Libro obsequia aos seus clientes cun 10 por cento de desconto.

 

O viño seleccionado pola Central Librera é un albariño, un caldo sabroso, afroitado e transparente, apropiado para unha maridaxe coa literatura, segundo explicou o libreiro Miguel Justo en Radiofusión. O agasallo ofreceráse a toda a clientela da Central o mesmo xoves dia 23 ata rematar existencias. A librería tamén entregará marcapaxinas editados para a ocasión. 

Sociedade