Unha carga moi pesada para levar só entre dous

Unha carga moi pesada para levar só entre dous
13 de Febreiro, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

É un dos grandes da escena galega. Actor, director e conta contos. Quico Cadaval falou en Radio Fene  no pasado mes de setembro dos espectáculos teatrais. En lugar de traer ao ballet Bolshoi, suxire monólogos parellas ou tríos. Cita a Óscar Wilde e lembra que o matrimonio é unha carga demasiado pesada para levala só entre dous.

ESCOITA O PODCAST:
Quico Cadaval en Radio Fene. Fotografía: Maite Martinez

O humor castelán é extraordinario. Quico Cadaval alude á posible orixe galega de Cervantes Saavedra e tamén de Shakespeare. Para a lectura do Testamento do Entroido, que se fará público o mércores de cinza, o Concello de Fene contará con Quico Cadaval. Será o encargado de poñer voz á mellor crónica satírica do acontecido en Fene, en Galicia e no mundo nos últimos meses

Cultura

Publica o teu comentario agora