Unha caricatura distante da realidade

Unha caricatura distante da realidade
11 de Maio, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A enfermidade mental trátase moitas veces como algo cómico. Fan unha caricatura que non se corresponde coa realidade. Ter que poñer as cousas aliñadas 90 graos con respecto ao borde da mesa ou tocar ao timbre tres veces e media pode parecer gracioso, pero ninguén se para a pensar que senten as persoas que teñen esa necesidade imperiosa cando non conseguen levar a cabo a súa compulsión. A ansiedade da de todo menos risa. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Un dos traballos que máis tempo lle levou a Antía Yañez foi a introdución do humor na novela. Hai que ter moito coidado ao tratar con humor temas tan serios como as doenzas mentais. "O que me resultou máis difícil foi non caer do lado da banalización ou da mofa, porque a liña que separa o humor da broma de mal gusto é moi fina" indica. “Non penses nun elefante rosa”, unha novela sobre o TOC da escritora Antía Yáñez.

Cultura

Publica o teu comentario agora