Unha casa limpa

Unha casa limpa
14 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Lugo

Tino Diaz coida a Casa dos Boieiros en Baleira en Lugo. Antiga pousada e taberna do lugar de Esgrade que se conserva igual que hai cen anos. "Eu só a mantiven limpa" apunta. Garda un carro que foi tirado por bois e máis dunha ducia de ferramentas para facer cestos. O seu bisavó criaba bois e os levaba ata Toral de los Vados e Benavente. Os vascos apreciaban moito a calidade dos bois galegos tanto para carne como para tiro. Parte se quedaban no Bierzo, onde os usaban para arar as terras. Os bois tiñan que criarse catro ou cinco anos para domesticalos e só as casas potentes podían telos, non daban leite e era moi difícil encontralos. Eran tan caros coma un tractor, indica Tino.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Tino Díaz, da Casa dos Boieiros, en Esgrade, Baleira:
 

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/100925DIAZ.mp3

Tino Díaz na Casa dos Boieiros

Carne de boi
A carne á alza.  A demanda internacional explica o momento doce que atravesa os gandeiros do sector, con prezos de ata un terzo máis nos xatos que venden a cebadeiros. O prezo da carne que vai ao matadoiro é un 15% máis alto, que hai un ano.Entre 7,70 e 9 euros o quilo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora