Unha casa para Regaliz

Unha casa para Regaliz
11 de Xaneiro, 2023 - 02:40 h. | Publicada por Radio Fene

Regaliz é unha cadela de oito anos. Unha rottweiler que precisa coidados porque ten artrose. A Asociación Cometa, protectora con sede en Narón busca alguén que poida acollela. Este mércores en Radio Animal contamos coa participación de María López, membro de Cometa. Falounos da acollida indefinida 

ESCOITA O PODCAST:

“Acoller indefinidamente é para os casos de animais con unha situación especial que dificulta a adopción, porque teñen unha enfermidade que precisa de tratamentos ou comida especial. Iso é un hándicap para a adopción. A protectora faise cargo de todos os gastos médicos que precise o animal á persoa que se ofrece a quedar co animal ata que apareza unha adopción”, relatou. “Nós non traballamos con acollidas temporais, pensamos que provoca estres e desubicación aos animais”. “Regaliz chegou fai uns meses con problemas de artrose, facemos o posible para que os animais teñan boas condicións pero as humidades e as baixas temperaturas non é o máis adecuado para animais con problemas de ósos non é o máis adecuado temperaturas”.  “É unha cadela que ten comportamento de dez coas persoas, afable, cariñosa, gústalle estar coa xente. O seu comportamento con outros cans non sempre é amistoso, por iso buscaríamos mellor casa na que fora cadela única, para evitar que tivera enfrontamento”. “Pode pasear, fai vida normal, buscamos unha casa na que viva dentro da vivenda para evitar que estea esposta a humidade e baixas temperaturas. Ten a súa medicación e a protectora faise cargo deses gastos”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora