ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Entroido é unha das celebracións máis antigas e singulares de Galicia. Segundo a Real Academia Galega, este termo refírese ao período anterior á Coresma, aos festexos populares celebrados durante eses días, ás persoas que se visten con disfraces e, por extensión, a calquera que se disfraza.

O presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, Rafael Quintiá, explica que hai dúas teorías principais sobre a orixe do Entroido. Unha delas sitúao no propio cristianismo, como un tempo de licenza e exceso antes dos rigores da Coresma. A outra relaciónao con antigos disfraces invernais previos ao cristianismo, celebrados en diferentes partes de Europa, cuxo obxectivo era afastar o inverno e fomentar o retorno do sol e a fertilidade da terra. Algúns expertos cren que o Entroido actual combina ambos. Aínda que é principalmente unha festa de orixe rural, onde se conservan aínda rituais ancestrais no interior de Galicia, tamén se celebra intensamente nas zonas costeiras, aínda que con maior influencia de tradicións doutros lugares.
A tertulia "Vellas Novas" falou sobre o Entroido coa participación de Emilio Romero, Manuel do Val, Anxos García e Carme Romero.
Publica o teu comentario agora