ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Olimpo da Caricatura. O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acollerá desde a semana que vén unha exposición internacional de primeiro nivel, das que non é doado ver noutro lugar de España, segundo remarca alguén que sabe moito diso. A persoa que a inspirou é o artista Xaquín Marín. El e a responsable do Museo, Almudena Marcos, presentaron en Radio Fene, a exposición, horas antes da apertura, prevista para este venres pero que finalmente será inaugurada o mércores, día 11.
“Grandes das viñetas”, elixidos por outro grande. A obra de quince mestres de todo o mundo, “de Rusia ata Esteiro”, poderase apreciar no centro museístico de Fene. Escolleunos Xaquín Marín, que levaba tempo dándolle voltas á idea. “A iniciativa foi del e o nome tamén”, explica a responsable do Museo do Humor. O bautizo foi doado, “viña cantado, os mellores están no Olimpo”, defende Xaquín.
O italiano Alessandro Gatto, Ángel Boligán, de Cuba, ou Antonio Moreira de Portugal, son algúns dos seleccionados, entre os que tamén figura o galego Siro. “Foi moi difícil a escolla”, recoñece Marín que agradece a colaboración de todos os artistas, “colaboraron como un solo home, iso fala do prestixio que ten o Museo no mundo”. A responsable do centro cultural tamén atribúe a boa resposta ao “cariño que lle teñen a Xaquín” e destacou “a xenerosidade e a vontade de colaboración inmediata” dos creadores.
Comentarios
Xaquín Marín está desde hai
Publica o teu comentario agora