Unha cidade máxica que se afunde

Unha cidade máxica que se afunde
04 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Eduardo Estévez pinta en forma de poesía a Venecia que lle gustaría ver a través do seu libro Venecia abandonada. “Venecia está afundíndose pouco a pouco”, relata o autor desta obra no club de lectura de Radiofusión.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/050822ESTEVEZ.mp3

 

Fotografía: Xan Xe Corral

A intención de Eduardo Estévez é “por un lado, pintar a Venecia que me gustaría ver e por outro lado pensar en que significa abandonar un lugar. O libro está escrito moito antes da pandemia. Cando vimos as imaxes no confinamento da Venecia abandonada o libro xa estaba completamente escrito. Eu, a verdade, pensaba na Venecia abandonada por outras causas. Pensaba no que sucede cando unha cidade se abandona por calquer motivo ou a xente vese obrigada a abandonala. Venecia está afundíndose pouco a pouco. Non creo que a deixen afundir porque é bo negocio pero se algunha vez sucedese, que significaría para a humanidade? .Venecia é un pouco de todos”.

Cultura

Publica o teu comentario agora