Unha cortina de fume

Unha cortina de fume
04 de Decembro, 2025 - 05:14 h. | Publicada por Radio Fene

“En Fene non hai atascos”. O Partido Popular nega a necesidade da Rolda Oeste polo seu custo económico e, sobre todo, polo custe social, porque sería necesario expropiar casas. Son declaracións en Radio Fene do voceiro do grupo municipal do PP, Gumersindo Galego, que demanda melloras no tren a Coruña e Ribadeo e recoñece fallos no servizo de transporte público por estrada.  

 

ESCOITA O PODCAST:

“É sacar un dinosaurio, agora non ten sentido ningún, unha cortina de fume”, opina Gumersindo Galego sobre a iniciativa de crear a Rolda Oeste de Fene. Si está de acordo na importancia de humanizar a Avenida Naturais de Fene.

“Un abandono total, necesita unha solución”. Refírese así Gumersindo Galego ao estado das comunicación da comarca por ferrocarril, tanto coa Coruña como con Ribadeo. Sobre as queixas polo funcionamento dos autobuses entre Ferrol, Fene, Ares e Mugardos Gumersindo Galego comparte que o servizo nunca funcionou tan mal e considera que hai marxe de mellora. “A empresa ten expedientes abertos, pero igual impórtalles menos a multa que atender o servizo”. 

Institucional

Publica o teu comentario agora