Unha cultura galega aberta e universal

Unha cultura galega aberta e universal
17 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Grial reflectía a nosa idea dunha cultura galega aberta, con vocación universal, non localista, no espírito da xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Queríamos unha cultura sen complexos, e ao mesmo tempo, que fose quen de contactar coas novas xeracións, porque a cadea de transmisión estaba rota. A Editorial Galaxia comeza a publicar esta revista en 1963. Fernández del Riego asinou ao pé de cento cincuenta artigos e notas para que saíse completa e sempre puntual á súa cita cos lectores. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversas con Paco del Riego e Perfecto Conde

http://173.255.131.18/audio/200123CONDE.mp3

Fotografía Xan Xe

Francisco Fernández del Riego é una figura de obrigada referencia ao falarmos da cultura galega no século vinte. Participou en 1950 na creación da editorial Galaxia, pertenceu á Real Academia Galega e impulsou en 1963 a declaración do 17 de maio como Dia das Letras Galegas. Sesenta anos despois da súa creación, el mesmo acabaría sendo, con todo o merecemento, o homenaxeado nesta efeméride. 

 

Perfecto Conde é o autor do libro "Conversas con Paco del Riego"

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora