ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Kenia. Un gran destino de vacacións para amantes da Natureza. Elefantes, rinocerontes, leóns, hipopótamos. E moitos animais máis pódense ver no país do Serengueti, o Kilimanjaro e os masais. Unha viaxe que nos suxeriu no espazo Bulebule de Radio Fene a especialista de Zafiro Tours Ana Rodríguez.
“Unha das mellores viaxes da miña vida”, asegura Ana Rodríguez, que estivo en Kenia recentemente. O gran reclamo de Kenia é a natureza. “Alí vas para ver paisaxes e animais, grandes e pequenos”. Iso si hai que estar disposto a facer moitos quilómetros en todo terreo por carreiros de terra, cedo e ao atardecer para evitar o calor, e a visión dos animais non está garantida porque un safari non é ver un documental na televisión.
Non é unha viaxe barata nin idónea para familias con nenos. “Pero paga moito a pena, xenial para facer unha vez na vida polo menos”. Para viaxar a Kenia recoméndase poñer antes algunhas vacinas. Débese levar mochila e maleta branda. Imprescindible meter nela roupa e calzado cómodos, gorra e gafas de sol, protección solar e antimosquitos.
Publica o teu comentario agora