Unha das promesas máis firmes da categoría

Unha das promesas máis firmes da categoría
08 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío quizais sexa unha das promesas máis firmes da Primeira Galicia. Fíxose con importantes reforzos e contará cun equipo filial que sairá na Terceira Galicia. A maior parte da plantilla renovou, os xogadores están contentos e iso quizais sexa a demostración do bo funcionamento do club. 

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Perlío Mario López fala do trofeo Concello de Fene:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/050824LOPEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

Perlío, Barallobre e Maniños xogan o vindeiro sábado pola tarde o trofeo Concello de Fene de fútbol. O torneo xogarase atendendo ao sistema de “todos contra todos”, é dicir, cada equipo enfrontarase aos outros dous equipos unha vez en partidos de 45 minutos cun descanso de 15 minutos entre eles. Haberá premios en material deportivo. 

Deportes

Publica o teu comentario agora