Unha de máscaras

Unha de máscaras
12 de Agosto, 2025 - 01:42 h. | Publicada por Radio Fene

Un obradoiro de máscaras de monstros é a nova proposta conxunta da AVV de Limodre e a Agrupación Instructiva de Caamouco.

Ambas entidades fan esta proposta de obradoiro pensado para todas as idades, tanto adultos como rapazada de máis de 6 anos, que se desenvolverá na Escola de Limodre o sábado 16 e o domingo 17 de agosto. A actividade dirixida por Teo Casto, realizarase os dous días, entre as 11,00 e as 13,00 horas.

Castro aclara que o obradoiro está pensando para aprender a realizar a máscara dende cero. A primeira xornada adicarase a crear a base da máscara utilizando papel maché para modelala, e o segundo día cada participante pintará a mesma segundo o seus propios deseños.

Esta actividade está enmarcada na habitual colaboración entre as dúas entidades promotoras que favorecen ás persoas asociadas que queiran inscribirse cunha bonificación na cota do obradorio. Así, as persoas asociadas aboarán unha cota de 25 € e de 28 € para quen non sexa socio/a das entidades organizadoras. Os materiais a utilizar están incluídos no prezo da actividade.

A actividade precisa de inscrición previa que deberá realizarse antes do xoves 14 de agosto no teléfono 604 007 727.

Cultura

Publica o teu comentario agora