Unha decoración multicor

Unha decoracion multicor
12 de Febreiro, 2024 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

Unha decoración multicor con moita viveza. A figura do galo don Esmeraldino está feita de cartón pedra. Usouse unha formigoneira na que se misturou cartón, cola e fariña. Utilizouse tamén malla de galiñeiro, papel de periódico e outros materiais da vida cotidiana, segundo explica o deseñador Carlos Sardiña.

ESCOITA O PODCAST:

O deseñador Carlos Sardiña explica o proceso de elaboración do galo:

http://173.255.131.18/audio/120224SARDINA.mp3

Fotografia Xan Xe

Sardiña agradeceu a colaboración de moitas persoas que axudaron a elaborar o boneco, e tamén a axuda do Perla Mural Fest. O galo mide 3,30 metros de altura e acompañará como símbolo á comparsa A Santa Compaña no desfile que sairá o mércores de cinza ás 17,30 do campo da festa de Perlío en Fene. Como dixo Federico Garcia Lorca, “Desbotade tristezas e melancolías. A vida é amable, ten poucos días e só agora habemos gozala”.

A maioría dos carnavais do mundo están presididos por un boneco ou por unha persoa de carne e óso que se despide ao final da xolda. É a representación da fin simbólica do Entroido que se acompañan duns actos fúnebres. O Meco, ten un dobre sentido. Por un lado encarna todos os males da comunidade e por iso é vituperado. Por outro representa a ledicia e o desenfreo.

 

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora