Unha exaltación de movemento, en “Flexelf”

Unha exaltación de movemento, en “Flexelf”

28 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A nova creación de Àngels Margarit e a compañía Mudances nace da palabra e a palabra Flexelf nace do movemento dun punto que se converte en liña, se enrosca, se reflicte e se repite. Flexelf fala da escritura do corpo no espazo, caligrafía efímera de linguas exóticas e xeometrías rebuldeiras. Todo o que hai en nesta obra móvese, dóbrase ou engúrrase. Cada forma transfórmase e convida a viaxar, a descu

O espectáculo Flexelf, é unha proposta para todos os públicos. Unha obra interdisciplinar que traballa arredor da idea de flexibilidade, elasticidade, reversibilidade, transformación e reflexo. Corpo, movemento, espazo, luz, vestiario, materiais obxetuais e visuais son os elementos esenciais que compoñen un universo inseparable onde a transformación das formas están nunha muda constante.

Àngels Margarit desenvolve un personalísimo estilo de creación, baseado na búsqueda dunha linguaxe e poética propias e na súa fascinación polo espazo, elemento esencial do seu traballo.

A cita coa danza e a posta en escea de “Flexelf” este martes ás sete e media no teatro Jofre. A entrada custa 5 euros. 

Cultura