Unha excursión visitará os tres lugares que usan a fala en Estremadura

Unha excursión visitará os tres lugares que usan a fala en Estremadura

23 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Mañega

Unha excursión visitará no mes de marzo o val do Ellas en Estremadura. Percorrerá os tres lugares da zona que usan a fala, Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. Realizarán unha visita comentada á Almazara As Pontis onde se elabora o aceite Vieiru. Haberá unha cata de aceites de oliva virxes extra, unha visita ao Museo da Fala e ao casco histórico de San Martiño do Trebello. A viaxe a Estremadura desenvolveráse entre

A hospedaxe realizaráse no Hotel con encanto “A Velha fábrica” en Valverde,e o prezo por persoa en cuarto doble ascende a 245 euros. A data tope para formalizar as reservas é o sábado vinteoito de febreiro. As persoas interesadas deben ingresar o importe da viaxe na conta de Sonradiofusión, co CCC 2080 0224 71 3040007280 e enviar o xustificante ao correo sonradiofusion@gmail.com
Facilitan máis información nese mesmo correo electrónico ou no teléfono 609 828743
O filólogo Henrique Costas explica as orixes da relación desta zona en Estremadura con Galicia. O autor do libro “O valego” remóntase a finais do século doce e comezos do trece, cando a zona se repoboou con xentes procedentes do Oriente ourensán.

Sociedade