Unha exposición amosa en Santiago as historias que agochan os obxectos cotiás

Unha exposición amosa en Santiago as historias que agochan os obxectos cotiás

06 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

O lapis, a cremalleira, o clip, o apósito, o taco de parede, o velcro ou a pinza para tender son inventos que pasan desapercibidos no día a día, afeitos xa ao seu uso habitual, pero que modularon a nosa existencia de forma concluínte e evidente. Sobre esta tese aséntase a mostra Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns; que podemos visitar, desde hoxe e ata o día 29 de agosto, no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela.

A exposición divulga, por primeira vez en España, as historias que hai detrás de 27 obxectos; analizándoos baixo catro aspectos: innovación, produción, evolución e inspiración. A mostra, do Vitra Design Museum en cooperación con Hi-Cone, está producida e organizada pola Obra Social “la Caixa” e conta coa colaboración da USC e o Concello de Santiago.

Comisariada por Jochen Eisenbrand e Laura Hompesch, conservadores do Vitra Design Museum, Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns permite extraer conclusións sobre as estratexias creativas e empresariais, ou sobre como o azar converteu en produtos masivos e de éxito inventos que foron concibidos como algo completamente distinto. Para a súa exhibición en Santiago, inclúense tamén algúns obxectos propios da cultura española coma o abanico ou o cántaro.

Cultura