ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Non é só unha exposición de traballos, é unha exposición de ideas e emocións”, afirma Laura Bouza. “Os nosos artistas, desde os 5 ata os 70 anos, enfrontáronse a un dos grandes temas da historia da arte cunha valentía e unha sensibilidade que conmoven” A academia de arte Laudas Calamity, con sede en Fene, inaugura este venres as seis da tarde a súa exposición de fin de curso “A Bela e a Morte” na Sala de Exposicións Temporais do Museo do Humor de Fene.

A mostra poderá visitarse ata o 15 de agosto e reúne 24 proxectos artísticos creados polo alumnado dos seus dous centros: o Laboratorio de Creación Artística (nenos e nenas de 5 a 12 anos) e o Centro de Creación (mozos e adultos a partir de 12 anos... ata o infinito).
Nesta edición, a comunidade artística de Laudas Calamity convida o público a reflexionar sobre a beleza e a morte como conceptos que se entrelazan, dialogan e se transforman mutuamente. A exposición combina o tenro, o profundo, o poético e o inquietante a través dunha linguaxe visual poderosa e diversa. Cada proxecto foi desenvolvido a partir dunha investigación artística dirixida pola profesora e artista Laura Bouza, directora de Laudas Calamity, co obxectivo de que cada estudante construíra unha ollada persoal, crítica e sensible sobre o seu tema. Entre os subtemas destacan:
- a morte como transformación,
- a beleza matemática da natureza (número áureo e serie de Fibonacci),
- o esquecemento, os recordos borrosos e a perda,
- a redención a través da arte,
- a guerra e o desarraigamento,
- a estética do obxecto contemporáneo e o kitsch,
- ou a fascinación infantil pola beleza idealizada.
A exposición inclúe debuxos, instalacións, pintura, escultura, collages, obra gráfica e propostas experimentais que reflicten o proceso creativo de cada estudante e a súa forma de habitar o mundo.
Fotografía Xanxe.
Imaxe. Laura Bouza. Exposición 2023.
Publica o teu comentario agora